Inicio arrow Novas sobre o PCI
Novas sobre o PCI
Agroturismo na Terra de Lemos Imprimir E-Mail
Monday, 23 de August de 2010
No hay traducciones disponibles

O proxecto de agroturismo na Terra de Lemos, que coordina o GIEEA da Universidade de Vigo, foi aprobado pola Xunta de Galicia dentro do programa in.ci.te cunha duración de tres anos (2008-2011). Encádrase dentro do Proxecto Ronsel cuxo obxectivo é a posta en valor e salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia.
Este proxecto ten un dobre obxectivo: contribuír a xerar actividade económica no medio rural que fixe poboación mediante a posta en valor das diferentes manifestacións do patrimonio cultural existentes na Terra de Lemos. En segundo lugar, os resultados do desenvolvemento do programa piloto de experiencias de agroturísticas na Terra de Lemos, entre xullo de 2010 e xullo de 2011, servirán para estender os proxectos de agroturismo a outras partes do país e para incrementar, segundo a demanda, a escala da proposta deseñada especificamente para esta comarca.

A Universidade de Vigo foi capaz de pór de acordo a moitas institucións, axentes económicos, entidades asociativas, labregos e labregas, explotacións agrarias, casas de turismo rural, etc, para sumar esforzos e xuntar compromisos para desenvolver unha iniciativa innovadora no mundo rural.

A comarca de Terras de Lemos, formada polos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober, a Pobra de Brollón e Ferreira de Pantón, posúe unha grande riqueza en patrimonio cultural falando nun amplo sentido da palabra. Tres diferentes aspectos deste patrimonio, é dicir os patrimonios material, natural e inmaterial, son destacables pola súa riqueza pois conteñen manifestacións senlleiras dentro do marco xeral galego.
Desde finais de 2008 o equipo de traballo do proxecto Ronsel, en colaboración co Centro de Desenvolvemento Comarcal, vén realizando un intenso traballo de campo na comarca de Terra de Lemos que nos permitiu achegarnos ao coñecemento destas tres facetas co obxectivo de formular un plan piloto de aproveitamento turístico deste patrimonio que reverta, á súa vez, na posta en valor e conservación do mesmo. Tamén se realizou un estudo das potencialidades turísticas da comarca así como unha análise do tipo de turista que recibe a zona.

Froito da análise detallada dos patrimonios inmaterial, natural e material e do coñecemento das comunidades de portadores/as e as súas potencialidades, fomos quen de establecer un estado da cuestión que nos permitiu deseñar unha serie de produtos turísticos. Ao mesmo tempo foise reunindo o material gráfico necesario para a elaboración dunha plataforma dixital que permita dar a coñecer a zona na internet e ofrecer estes produtos aos potenciais clientes.

O deseño dos produtos turísticos realizouse tendo en conta as novas tendencias en turismo cultural e experiencial, así como a súa utilidade tanto desde o punto de vista da potenciación do turismo da comarca, como do seu aproveitamento por parte das instalacións turísticas, portadores, asociacións ou institucións neles implicados, de xeito que se basean fundamentalmente na idea dun turismo participativo que ofreza ao visitante unha experiencia directa do p
atrimonio cultural de Terra de Lemos.

Visita o noso Portal Web

 
 
Gaita de Cana Imprimir E-Mail
Monday, 01 de March de 2010
No hay traducciones disponibles

Para aprender a construír unha gaita de cana, preme a continuación: Gaita de Cana
Leer más...
 
Frauta de cana Imprimir E-Mail
Monday, 01 de March de 2010
No hay traducciones disponibles

Se queres saber como construíla, preme a continuación: Frauta de Cana
Leer más...
 
Zambomba Imprimir E-Mail
Monday, 01 de March de 2010
No hay traducciones disponibles

Preme a continuación para aprender a construír unha Zambomba: Como facer unha Zambomba
Leer más...
 
Reque-reque Imprimir E-Mail
Monday, 01 de March de 2010
No hay traducciones disponibles

O reque-reque é un idiófono de rañar que consiste nunha
peza de madeira alongadae dentada na que se raña cun
pauciño producindo un son característico.
Para ver o video sobre a fabricación do reque-reque,
preme a continuación: Reque-reque
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 9 de 58
 

RSS externos