Inicio arrow Novas sobre o PCI
Novas sobre o PCI
Cultura tradicional de desenvolvemento rural Imprimir Correo-e
Thursday, 23 de July de 2009

Cultura tradicional de desenvolvemento rural é un traballo patrocinado pola Consellería do medio rural, a Universidade de Vigo, a Socieade para o desenvolvemeto comarcal de Galicia e o Interreg; e no que participa a Unión Europea. Libro en formato PDF.

 
Catálogo de músicos da Limia Imprimir Correo-e
Thursday, 23 de July de 2009
Este traballo é a segunda entrega editorial do Museo da Lima co patrocinio do Inorme, e a colaboración da Deputación de Ourense, o Fondo Europeo de Desenrolo Rexional, o Ministerio de Facenda, a Direcção-Geral do Desenvolvimento Regional, o Concello de Vilar de Santos e a Aula de música tradicional Gomes Mouro. O Catálogo de músicos da Limia é unha obra coordinada por Cástor Castro ao que se sumaron no traballo de investigación Mª Socoroo Rúa, Iván Area, Roberto de Andrés, Félix Castro, María del Carmen Gil e Pablo Carpintero.
Ainda que non é un traballo promovido polo Proxecto Ronsel, os autores e patrocinadores do libro cedéronnos o documento en PDF deste, para poder penduralo no noso portal.
Catálogo de músicos da Limia en PDF.
 
Plan salvagarda e posta en valor Imprimir Correo-e
Thursday, 23 de July de 2009

Plan para a Salvagarda e Posta en Valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia en PDF

Seguindo as definicións da UNESCO, enténdense por inmateriais os empregos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas —xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos asociados a esas prácticas— que as comunidades, os grupos e nalgúns casos os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural.

Fronte a un patrimonio ata hai ben pouco monopolizado por unha idea de bens monumentais ou artísticos accesibles mediante intermediarios autorizados, o "xiro inmaterial" establece que cadaquén participa na construción dese legado e que os seus creadores e intérpretes medran co intercambio e a transmisión.

Ler máis...
 
Os Sons da Limia Imprimir Correo-e
Thursday, 23 de July de 2009
Sons da Limia é unha nova publicación promovida polo Concello de Vilar de Santos, Museo da Limia, Consellerías de Innovación e Industria e Cultura e Deporte, Xacobeo, Universidade de Vigo e o Proxecto Ronsel.
Este traballo consta dun CD de 70 minutos cunha selección de 38 gravacións de campo de música tradicional limiá. Ademáis, inclúe un libro de 50 páxs. cunha parte introductoria sobre a música limiá a cargo de Pablo Carpintero e comentarios aos temas de Cástor Castro. No seguinte enlace poderedes ver o libro en formato PDF: Os Sons da Limia.
 
Actividades de verán do Museo do Pobo Galego Imprimir Correo-e
Wednesday, 01 de July de 2009

Como tódolos veráns o Museo do Pobo organiza algúns obradoiros e outras actividades para o público xeral coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago. As mesmas deron comezo co  Café da Memoria do día de S. Xoán  e continuarán durante os meses de xullo e agosto. 
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 19 - 27 de 58
 

RSS externos