Inicio arrow Novas sobre o PCI
Novas sobre o PCI
Mostra de patrimonio inmaterial 2009 Imprimir Correo-e
Tuesday, 03 de November de 2009
Despois do éxito acadado pola Mostra de PCI organizada o ano pasado na cidade das Burgas, e coa intención de visibilizar de novo este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, a Asociación de Gaiteiros Galegos o Concello de Ourense e todos os parceiros do proxecto Ronsel organizan e patrocinan esta Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na cidade de Ourense. No Portal do Patrimonio que desenvolve o proxecto Ronsel, pódense ver fotografías e vídeos gravados pola TV da Universidade de Vigo en edicións anteriores na sección de videos e imaxes.
Esta mostra pretende reflectir a diversidade patrimonial inmaterial poñendo ao alcance de todos e todas unhas representacións da súa riqueza, amosando como os coñecementos tradicionais se poden adaptar e vivir na sociedade actual, e como poden xerar expresións de alto valor estético, funcional e económico.
Estas expresións, á marxe dos procesos globalizadores e uniformizantes, unha vez estudadas, postas en valor, reelaboradas e difundidas, reactivaranse para contribuír a un diálogo eficaz coas demais sociedades modernas, desde as nosas interpretacións particulares e diferenciais. Esta mostra ten como fío condutor os valores do propio patrimonio cultural inmaterial. Entre os moitos que se poderían destacar escollemos reciclaxe, comunidade, utilidade e contacto. Deste xeito, na Praza Maior de Ourense acharán unha caseta especificamente dedicada a cada un destes valores onde se mesturan e interaccionan, de xeito indisoluble, os cinco ámbitos do PCI. Nesta Mostra do PCI acharán tamén exposicións, debates, producións audiovisuais realizadas polo proxecto Ronsel e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI así como a degustación de produtos ecolóxicos. Os máis cativos terán oportunidade de practicar na construción de simples instrumentos musicais e, por suposto, asistir aos concertos didácticos de Pablo Carpintero que con certeza os deixará abraiados.
Polas noites, ás 20.00 remataremos a xornada cunha actuación musical de grupos musicais de recoñecido prestixio no que agardamos contar coa vosa presenza: Coanhadeira (martes), Tinta Femia (mércores), Leilía (venres) ou os Carunchos (sábado) constitúen distintas formas de entender e facer chegar a nosa música tradicional.
Podes consultar o programa completo da mostra premendo a continuación: Programa da mostra
 
Construcción dun cantagalos Imprimir Correo-e
Friday, 30 de October de 2009
 
 
Para aprender a construílos, preme a continuación: Cantagalos
Ler máis...
 
Alalá adicado ao Ronsel Imprimir Correo-e
Monday, 26 de October de 2009
ALALAO vindeiro martes 27 de outubro emitirase un novo programa do Alalá adicado ao Proxecto Ronsel.
As tres guías fundamentais deste proxecto son a realización do inventario, a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia.
O Proxecto RONSEL pretende a documentación e investigación exhaustiva de todo este patrimonio, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión.
 
Como construír unha Zoadeira Imprimir Correo-e
Friday, 23 de October de 2009
 Para construír este sinxelo instrumento, so precisamos un anaco de mareira, outro de corda e unha navalla. As zoadeiras son unha clase particular de aerófonos que non precisan de cavidade para emitir o seu son, son por elo denominádos aerófonos libres. Se queres aprender a construír unha zoadeira, preme a continuación: Construcción dunha Zoadeira.
 
As tarrañolas Imprimir Correo-e
Saturday, 17 de October de 2009


Seguimos con máis videos sobre a construcción de instrumentos musicais galegos, nesta ocasión as tarrañolas ou trécolas.
 
Se queredes aprender a contruílas premede a continuación: Construcción dunhas tarrañolas ou trécolas.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 10 - 18 de 58
 

RSS externos