Tuesday, 15 de December de 2009 |
Fronte a un patrimonio ata hai ben pouco monopolizado por unha idea de bens monumentais ou artísticos accesibles mediante intermediarios autorizados, o xiro inmaterial establece que cadaquén participa na construción dese legado e que os seus creadores e intérpretes medran co intercambio e a transmisión. Xustamente nesta liña o proxecto Ronsel comprácese en colaborar na edición nun dos primeiros traballos nos que o territorio é renomeado polos seus propios habitantes, e non unicamente mediante a memoria e as palabras, senón a partir dunha observación viva e sempre cambiante, feita de perspectivas, referencias e horizontes. Trátase dunha primicia en Europa no campo da talasonimia mais, sobre todo, ao desfacérense as diferenzas entre a costa e o interior, o presente estudo propón un convite extraordinario para o descubrimento do mundo no que vivimos.
Libro en formato PDF |
|
Thursday, 17 de September de 2009 |
Neste terceiro ano de vixencia do proxecto Ronsel presentamos un novo libro en formato tetralingüe que escolma unha das partes máis recoñecibles do patrimonio cultural inmaterial de Galicia: os instrumentos musicais. Este libro, orientado a públicos de calquera idade ou nacionalidade, só representa unha pequena selección dentro do inxente número de instrumentos musicais galegos, unha selección feita coa intención de recoller distintas categorías desde o punto de vista científico e, por suposto, tendo en conta tamén a variable da distribución dentro do noso país. Como coas anteriores publicacións do Proxecto Ronsel, podedes visualizar o libro en formato PDF premento a continuación: Intrumentos Tradicionais Galegos. |
|
Thursday, 23 de July de 2009 |
Cultura tradicional de desenvolvemento rural é un traballo patrocinado pola Consellería do medio rural, a Universidade de Vigo, a Socieade para o desenvolvemeto comarcal de Galicia e o Interreg; e no que participa a Unión Europea. Libro en formato PDF.
 |
|
Thursday, 23 de July de 2009 |
Este traballo é a segunda entrega editorial do Museo da Lima co patrocinio do Inorme, e a colaboración da Deputación de Ourense, o Fondo Europeo de Desenrolo Rexional, o Ministerio de Facenda, a Direcção-Geral do Desenvolvimento Regional, o Concello de Vilar de Santos e a Aula de música tradicional Gomes Mouro. O Catálogo de músicos da Limia é unha obra coordinada por Cástor Castro ao que se sumaron no traballo de investigación Mª Socoroo Rúa, Iván Area, Roberto de Andrés, Félix Castro, María del Carmen Gil e Pablo Carpintero.
Ainda que non é un traballo promovido polo Proxecto Ronsel, os autores e patrocinadores do libro cedéronnos o documento en PDF deste, para poder penduralo no noso portal.
Catálogo de músicos da Limia en PDF.
|
|
Thursday, 23 de July de 2009 |
Plan para a Salvagarda e Posta en Valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia en PDF
Seguindo as definicións da UNESCO, enténdense por inmateriais os empregos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas —xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos asociados a esas prácticas— que as comunidades, os grupos e nalgúns casos os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural.
Fronte a un patrimonio ata hai ben pouco monopolizado por unha idea de bens monumentais ou artísticos accesibles mediante intermediarios autorizados, o "xiro inmaterial" establece que cadaquén participa na construción dese legado e que os seus creadores e intérpretes medran co intercambio e a transmisión. |
Ler máis...
|
|
|
|