Inicio arrow Galería de Videos
Galería de Videos
Fabricación dun Carrizo Imprimir Correo-e
Tuesday, 13 de October de 2009
 

Segunda entrega sobre a fabricación de instrumentos musicais galegos, nesta ocasión, o carrizo.
Os instrumentos musicais clasifícanse segundo o sistema que produce o son. Nos idiófonos é o corpo do propio instrumento o que emite o son ao seren axitado, batido, rañado etc; nos membranófonos é unha membrana tensa a que soa ao seren golpeada ou refregada, nos cordófonos é unha corda tensa a que emite o son cando é pulsada ou refregada e nos aerófonos e o aire contido nun tubo o que é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador.
O carrizo é un sinxelo idiófono de entrebater, que en Galicia é un xoguete, un enredo de nenos e nenas, no que unha lingüeta de madeira baixo presión bate nunha cavidade de resonancia.
 
Material: unha noz, un anaco de cana, un cordeliño ou unha goma, unha navalla e unha serra de pelo.
Tempo de fabricación: uns 15 minutos.
 
 Se queredes aprender a construilo, premede a continuación: Fabricación dun Carrizo.
Ler máis...
 
Mostra do PCI de Ourense 2008 Imprimir Correo-e
Monday, 05 de October de 2009
Coa intención de visibilizar o patrimonio cultural inmaterial galego e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, o Proxecto RONSEL, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Ourense, organizaron e patrocinaron na cidade de Ourense, entre os días 8 ao 11 de novembro do 2008, a 2ª Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego.
Esta segunda Mostra de PCI tivo como fío condutor o Ciclo do Ano, dedicándose cada un dos días que dura o certame a unha estación. O público, tanto adulto como infantil,  participou ao longo de catro días en numerosos obradoiros como olería, forxa, albanelería, tornaría, fabricación de xoguetes e instrumentos musicais para nenos, lutharía, fabricación de corozas, destilación de augardente e moitos máis. Exposicións relacionadas co PCI (razas autóctonas galegas, traxes, instrumentos musicais, rodas de afiar etc.), así como charlas e producións audiovisuais realizadas polo proxecto RONSEL e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI, sen esquecer a degustación de produtos ecolóxicos, mergullándose así no rico patrimonio cultural inmaterial que sustenta o noso sistema de cultura tradicional.
Agora xa podedes disfrutar de todos os videos desta mostra, premendo no seguinte enlace:
Videos da Mostra de Ourense 2008.
 
Como construír un Mirlitón Imprimir Correo-e
Saturday, 03 de October de 2009

Con este video, o Proxecto Ronsel inagura unha nova sección neste portal: Como construír instrumentos musicais galegos. Cada pouco tempo, iremos pendurado un novo video para que poidades aprender a contruír os vosos propios instrumentos, nesta primeira entrega faremos un Mirlitón.

Podedes ver o video premendo a continuacion: O Mirlitón
Ler máis...
 
III Encontro de Ranchos de Reis Imprimir Correo-e
Monday, 22 de June de 2009
O día 11 de Xaneiro do 2009 celebrouse en Mondaríz o III encontro de Ranchos de Reis, organizado pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia.
Nesta edición participaron o Rancho de Reis de Riofrío, O Rancho de Reis de Salceda de Caselas, o Rancho de Reis de Guláns, Fozara e As Cortellas (Ponteareas), así como o Rancho de Reis de Fornelos da Ribeira (Salvaterra de Miño).  A continuación poderás ver o video do encontro, onde se bailan as diferentes danzas. Video do III encontro de Ranchos de Reis.
 
Cabezudos do Concello de Santiago Imprimir Correo-e
Monday, 03 de November de 2008
 
 

 

 
 

Video dos Cabezudos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 10 - 18 de 19