Inicio arrow Queremos colaborar contigo!
Queremos colaborar contigo! Imprimir E-Mail
Sunday, 06 de January de 2008
No hay traducciones disponibles

 

Un dos obxectivos principais do proxecto Ronsel é o estudo do noso PCI. Somos conscientes da importancia dos traballos que particulares e asociacións teñen desenvolvido e desenvolven actualmente por todo o territorio documentando, investigando e poñendo en valor este patrimonio. Pensamos que estes traballos merecen ser coñecidos e difundidos. Tamén somos conscientes de que a nosa experiencia en moitos dos ámbitos é limitada e que necesitamos as túas suxestións e axudas para optimizar o traballo sobre o noso patrimonio. Por estas razóns consideramos que paga a pena financiar e axudar na realización e publicación de traballos relacionados co noso sistema de cultura tradicional, así como axudar en calquera necesidade que teñas relacionada coa propia metodoloxía.

 

Por favor, non dubides en contactar con nós para:

Presentarnos os teus proxectos e solicitar financiación para eles.

Difundir as túas iniciativas e traballos a través deste Portal.

Editar as túas investigacións e traballos.

Recibir os teus comentarios e suxestións.

Aprender da túa experiencia.

Solicitar calquera tipo de asesoramento.

Participar nos nosos proxectos.

Participar nos eventos que organizamos.

Incluír a túa asociación na nosa base de datos.

Dar conta de algún portador/a que consideres interesante/urxente documentar.

Solicitar material dos nosos fondos.

Calquera outra necesidade que teñas.

 

Pode ser interesante para ti saber que comezamos a adquirir un importante fondo bibliográfico sobre o PCI que está localizado na biblioteca da Universidade de Vigo.

 

No proxecto Ronsel traballamos de xeito permanente as persoas que de seguido se relacionan. Quixeramos agradecer a Yolanda Rodríguez Castro quen estivo traballando como técnica superior durante os primeiros meses de vida do proxecto; tamén a Jahel Costa Novoa, quen realizou o seu proxecto final de carreira na ETSE de Telecomunicación en temas relacionados co PCI. Ademais, sinalar que a relación de persoas que participaron na elaboración do Plan salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia aparecerán explicitamente no texto do documento.

 

Coordinador xeral: Iván Area Carracedo.

Coordinadores: Xosé Manuel Cid Fernández, Anxo Fernández Ocampo, Xosé Manuel Fidalgo Santamariña e Xavier Simón Fernández.

Técnico superior: Pablo Carpintero Arias.

Administrativo: Carlos Vázquez Gil.

Correo electrónico de contacto: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

Teléfono de contacto: 986 812051

Enderezo postal:

Proxecto Ronsel

Despacho 146

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Campus de Vigo

Universidade de Vigo

36310 Vigo

Pontevedra