Inicio arrow Novas sobre o PCI arrow Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial. Ourense
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial. Ourense Imprimir Correo-e
Thursday, 30 de October de 2008
Despois do éxito acadado na primeira edición celebrada o pasado ano na Praza da Ferreiría en Pontevedra, e coa intención de visibilizar o patrimonio cultural inmaterial galego e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, o Proxecto RONSEL, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Ourense, organizan e patrocinan na cidade de Ourense, entre os días 8 ao 11 de novembro, a 2ª Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego.
Esta segunda Mostra de PCI terá como fío condutor o Ciclo do Ano, dedicándose cada un dos días que dura o certame a unha estación. O público, tanto adulto como infantil, poderá participar ao longo de catro días en numerosos obradoiros como olería, forxa, albanelería, tornaría, fabricación de xoguetes e instrumentos musicais para nenos, lutharía, fabricación de corozas, destilación de augardente e moitos máis. Exposicións relacionadas co PCI (razas autóctonas galegas, traxes, instrumentos musicais, rodas de afiar etc.), así como charlas e producións audiovisuais realizadas polo proxecto RONSEL e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI, sen esquecer a degustación de produtos ecolóxicos, son outras actividades nas que os asistentes á Mostra poderán participar, mergullándose así no rico patrimonio cultural inmaterial que sustenta o noso sistema de cultura tradicional. Progama da Mostra.
 
< Ant.   Seg. >
 

RSS externos