Cabezudos do Concello de Santiago |
|
|
lunes, 03 de noviembre de 2008 |
No hay traducciones disponibles
Video dos Cabezudos.
Dentro das celebracións das festas ao patrón de Galicia na súa Capital achamos dúas manifestacións populares dignas de mención. Por unha banda os Cabezudos do Concello de Santiago de Compostela, un conxunto de oito cabezudos que representan diferentes personaxes e razas do mundo. Este grupo de cabezudos son dos poucos da península que bailan. Saen dende hai moitos anos acompañados por unha murga que interpreta diferentes pezas de moda que os cabezudos foron incorporando ao seu repertorio. Así, este grupo baila a muiñeira, “Os fuelles” (o seu pasarrúas máis característico), a xota, o valse e o Ballón de Ana (popularizado nos anos 50 a través dunha película de cine). Cada 24 de xullo, esta agrupación sae do Teatro Principal ás 12 da mañá e percorre as rúas da zona vella santiaguesa deténdose nas prazas e lugares amplos para interpretar estes vistosos bailes. Os Cabezudos, saen tamén na celebración das festas da ascensión, e nesa data foi cando os grabamos. Video dos Cabezudos.
Fotografía de Gustavo Couto |