Inicio arrow Galería de Videos arrow Mostra do PCI de Ourense 2008
Mostra do PCI de Ourense 2008 Print E-mail
lunes, 05 octubre 2009
There are no translations available

Coa intención de visibilizar o patrimonio cultural inmaterial galego e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, o Proxecto RONSEL, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Ourense, organizaron e patrocinaron na cidade de Ourense, entre os días 8 ao 11 de novembro do 2008, a 2ª Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego.
Esta segunda Mostra de PCI tivo como fío condutor o Ciclo do Ano, dedicándose cada un dos días que dura o certame a unha estación. O público, tanto adulto como infantil,  participou ao longo de catro días en numerosos obradoiros como olería, forxa, albanelería, tornaría, fabricación de xoguetes e instrumentos musicais para nenos, lutharía, fabricación de corozas, destilación de augardente e moitos máis. Exposicións relacionadas co PCI (razas autóctonas galegas, traxes, instrumentos musicais, rodas de afiar etc.), así como charlas e producións audiovisuais realizadas polo proxecto RONSEL e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI, sen esquecer a degustación de produtos ecolóxicos, mergullándose así no rico patrimonio cultural inmaterial que sustenta o noso sistema de cultura tradicional.
Agora xa podedes disfrutar de todos os videos desta mostra, premendo no seguinte enlace:
Videos da Mostra de Ourense 2008.
 
< Prev   Next >