As noces Imprimir Correo-e
Monday, 04 de January de 2010

Para ver como se constrúe este instrumento, preme no seguinte enlace: Como construír as noces.
Os instrumentos musicais clasifícanse segundo o sistema que produce o son. Nos idiófonos é o corpo do propio instrumento o que emite o son ao seren axitado, batido, rañado etc; nos membranófonos é unha membrana tensa a que soa ao seren golpeada ou refregada, nos cordófonos é unha corda tensa a que emite o son cando é pulsada ou refregada e nos aerófonos e o aire contido nun tubo o que é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador. As noces empregadas como imos describir son un idiófono refregado.
Material: navalla e unha noz grandiña.
Tempo de fabricación: 2 minutos.
Para preparar este sinxelo instrumento musical unicamente cómpre partir a noz á metade sen rompela e baleirar ben as dúas metades.
Para tocar o instrumento debemos refregar unha metade contra a outra e, se queremos tirar unha melodía, colocaremos unha das metades diante dos beizos entreabertos e refregando as noces iremos variando a capacidade da cavidade bucal, movendo a lingua adiante e atrás para obter as diferentes notas musicais.
 
< Ant.   Seg. >
 

RSS externos