Inicio arrow Galería de Videos arrow Como se fai un Asubío
Como se fai un Asubío Imprimir Correo-e
Wednesday, 20 de January de 2010
Se queres aprender a construílo, preme a continuación: Asubío
Os instrumentos musicais clasifícanse segundo o sistema que produce o son. Nos idiófonos é o corpo do propio instrumento o que emite o son ao seren axitado, batido, rañado etc; nos membranófonos é unha membrana tensa a que soa ao seren golpeada ou refregada, nos cordófonos é unha corda tensa a que emite o son cando é pulsada ou refregada e nos aerófonos e o aire contido nun tubo o que é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador.
Os asubíos son sinxelos aerófonos moi doados de fabricar e que foron empregados por toda Galicia polos nenos como brincadeira.

Material: abelás, bugallas ou noces e unha navalla.
Tempo de fabricación: 2 min aprox.
Para fabricar un asubío unicamente cómpre facer un furado redondo na parede dunha abelá, unha noz ou unha bugalla e despois, a través del, extraer o contido.
Para facer o furado podemos cortar a superficie co navalla, usar a súa punta ou rañar ofroito contra un papel de lixa para ir desgastando a súa parede. Unha vez feito o furado, usando tamén a navalla iremos extraendo o contido do froito ata que fique baleiro.
Tamén nos podemos axudar dun pauciño.
Para tocar un destes asubíos apoiaremos o furado contra o beizo inferior e dirixiremos unha fita de aire contra unha das súas beiras, como se fose unha frauta traveseira.
Este tipo de instrumentos musicas son moi primitivos, áchanse xa nas escavacións desde o paleolítico. Os que chegaron ata nós están feitos practicando un furadiño nun óso redondeado, normalmente unha falanxe, dalgún mamífero grande, pero seguramente se fixeron tamén de materiais como so que aquí empregamos. Por outra parte, este mesmo tipo de asubíos empréganse aínda hoxe en todo o mundo, incluso coa mesma forma e material que os que nos chegaron desde o paleolítico.
 
< Ant.   Seg. >