Danza da Franqueira

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 Next > End >>

Descrición

DANZAS DE PAUS E FITAS DA FRANQUEIRA

 A Romaría da Franqueira celébrase o luns de Pentecostés. É tamén coñecida como romaría de pascuas menores ou romaría de primavera, non só por coincidir a súa celebración co inicio desta estación, senón porque as frores e os froitos son os principias adornos da festa. O domingo de Pentecostés comezan os actos relixiosos de preparación da romaría: a novena, as misas, as confesións etc. O luns desde moi cedo, os romeiros reúnense nas súas igrexas, collen os seus pendóns, estandartes e a cruz parroquial, e con eles, a imaxe da virxe de maior devoción da súa parroquia ou a do patrón, comezando entón o camiño de peregrinación cara A Franqueira.
No santuario de A Franqueira todo está preparado para recibir ós romeiros. Os xoves da parroquia sosteñen o pendón, o estandarte, a cruz da parroquia e a imaxe da virxe do Rosario e van dando la benvida a cada unha as procesións que entran no recinto do santuario. O rito de benvida consiste en cruzar e inclinar reverentemente por tres veces a cruz, o pendón e o estandarte cos respectivos que chegan de cada parroquia. O mesmo fan os portadores da imaxe da virxe do Rosario que saen ao encontro dos portadores de cada imaxe visitante facendo tres xenuflexións ante eles e apertándoos cando se encontran. Trátase seguramente dun acto medieval que ten chegado ata nós e que aínda enche de bágoas os ollos daqueles que veñen en peregrinación.
Cada ano unha das parroquias visitantes fai as ofrendas á virxe de A Franqueira, que adoitan consistir en produtos típicos da localidade que simbolizan valores como a paz, o amor, a fertilidade, a fraternidade e sobre do o respecto e o mantemento dunha tradición moi antiga.
Se ben a relixiosidade é unha parte importante da romaría, non o é menos o colorido e a algarabía que van parellos a esta festa. Os veciños de cada parroquia pasan días adornando os seus tractores para acudir con eles en procesión.
A maior festa prodúcese ao rematar a procesión. Os romeiros dispérsanse entre as árbores para comer e tras a comida cantan e bailan ao son de gaitas e pandeiretas, ata que, avanzada a tarde, despídense para emprender o camiño de volta ás súas parroquias.
A procesión da Franqueira comeza coa saída, desde o adro da igrexa, da imaxe da virxe montada nun carro de labranza tirado por unha parella de bois. Diante da virxe vai o pendón, o estandarte, a cruz parroquial e catro parellas de danzantes que executan unha danza de paos ao ritmo do gaiteiro e do bater dos seus paos. Interprétanse catro pezas diferentes. A procesión detense diante do palco da igrexa para contemplar as danzas e o drama da loita do mouro e o cristián.
Conta a lenda que o mouro é Birnarem, de quen fala o pergamiño galaico-portugués achado no 1605 no castelo de Gutierre de Altamira. O cristián representa a un militar veciño de A Franqueira que durante  a loita contra a invasión musulmana foi feito prisioneiro. Na cadea o príncipe mouro ofreceulle toda clase de riquezas se deixaba de invocar á virxe da Franqueira como protectora dos crisitiáns na Reconquista, mais o crisitián non só non aceptou, senón que moi alporizado contesta que o importante é a Fe. Ante a falta de entendemento loitan e o mouro cae vencido, arrepentíndose dos seus pecados e abrazando a fe cristiá.
Esta representación é, segundo Manuel Rodríguez Alonso, unha supervivencia do teatro medieval galego.
 
Texto: Pablo Carpintero
Fotografía: Fernando García
 

Votar

_RSGALLERY_VOTING_RATING: 0 / _RSGALLERY_VOTING_VOTES
_RSGALLERY_VOTING_VOTE:

Comentarios

_RSGALLERY_COMMENTS_NOCOMM

Engadir Comentario

O teu Nome:
_RSGALLERY_COMMENTS_TITLE:
_RSGALLERY_COMMENT_COMMENT:
[b]  [i]  [u]  [url]  [quote]  [code]  [img] 
 
  _RSGALLERY_COMMENTS_SEC_IMG_MISS
 

EXIF

Section Name Value
FILE FileName Danza da Franqueira 16.JPG
FILE FileDateTime 1244541307
FILE FileSize 298421
FILE FileType 2
FILE MimeType image/jpeg
FILE SectionsFound ANY_TAG, IFD0, EXIF, MAKERNOTE
COMPUTED html width="1067" height="1600"
COMPUTED Height 1600
COMPUTED Width 1067
COMPUTED IsColor 1
COMPUTED ByteOrderMotorola 0
COMPUTED ApertureFNumber f/5.0
IFD0 Make Canon
IFD0 Model Canon EOS 20D
IFD0 XResolution 72/1
IFD0 ResolutionUnit 2
IFD0 YResolution 72/1
IFD0 Software Picasa 3.0
IFD0 DateTime 2004:01:16 18:08:03
IFD0 YCbCrPositioning 2
EXIF ExposureTime 1/100
EXIF FNumber 50/10
EXIF ExposureProgram 4
EXIF ISOSpeedRatings 100
EXIF ExifVersion 0221
EXIF DateTimeOriginal 2004:01:16 18:08:03
EXIF DateTimeDigitized 2004:01:16 18:08:03
EXIF ComponentsConfiguration 
EXIF ShutterSpeedValue 435412/65536
EXIF ApertureValue 304340/65536
EXIF ExposureBiasValue 0/2
EXIF MeteringMode 5
EXIF Flash 16
EXIF FocalLength 19/1