Antroiodo de Xinzo

 
<< Start < Prev 1 2 3 Next > End >>

Descripción

 

XINZO
 
 
 
As pantallas son as máscaras de Xinzo de Limia. Disfrázanse nenos, mozos e algúns non tan mozos. O normal é saír un ou dous días durante tres ou catro horas. A pantalla é un disfrace enérxico e viril, pero respectuoso e elegante. Viste calzón longo e camisa ou camiseta brancos. Nas pernas unha polainas negras e na cintura unha faixa encarnada. Polo lombo cae unha capa de seda encarnada ou negra con fitas de cores. No pescozo, un pano da cabeza de muller, atado na parte de atrás. A faixa axuda a amortecer o peso dun cinto de campaíñas e axóuxeres.
A careta é o que propiamente se chama pantalla, e cobre a cara e a cabeza. É dunha soa peza, confeccionada artesanalmente con cartón, papel de periódico e pano.
Nas mans enluvadas, as pantallas levan unha ou dúas vexigas de vaca infladas e curadas, que ao batelas entre si ou contra a man producen un estrondo característico.
Van percorrendo as rúas en grupos de tres a dez pantallas. Buscan os nativos do lugar que cometeron a ousadía de saíren á rúa sen disfrace. Se é muller, acósana facendo figuras diante dela e ameazándoa coas vexigas. Se é home, a cousa varía e o ritual adquire toda a súa forza: unha vez avistado o infractor, as pantallas corren cara a el, que debe tentar fuxir refuxiándose nun dos moitos bares que hai na vila; pero se o alcanzan, as pantallas o conducirán á forza ao bar máis próximo, onde terá que pagar unha rolda de viño.
Ninguén se pode meter coas pantallas e tampouco é tradición insultalas. As pantallas diríxense a persoas coñecidas e respectan as que non se disfrazaron por gardar loito. Non falan e só emiten un ouveo de "meter medo" cando están roldando algún infractor.
Fotografía de Fernando García

Votación

_RSGALLERY_VOTING_RATING: 0 / _RSGALLERY_VOTING_VOTES
_RSGALLERY_VOTING_VOTE:

Comentarios

_RSGALLERY_COMMENTS_NOCOMM

Añadir Comentario

Tu Nombre:
_RSGALLERY_COMMENTS_TITLE:
_RSGALLERY_COMMENT_COMMENT:
[b]  [i]  [u]  [url]  [quote]  [code]  [img] 
 
  _RSGALLERY_COMMENTS_SEC_IMG_MISS
 

EXIF

Section Name Value
FILE FileName _MG_3347.jpg
FILE FileDateTime 1239723480
FILE FileSize 131026
FILE FileType 2
FILE MimeType image/jpeg
FILE SectionsFound APP12
COMPUTED html width="2336" height="3504"
COMPUTED Height 3504
COMPUTED Width 2336
COMPUTED IsColor 1
APP12 Company Ducky
APP12 Info