|
Descrición
DANZA DE ESPADAS DE CARRIL, VILAGARCÍA, PONTEVEDRA.
O día do apóstolo Santiago, 25 de xullo, celébrase na parroquia de Carril, no concello de Vilagarcía, outra das danzas gremiais máis antigas de Galicia, a “Farsa” ou “Danza das Espadas” que parece que comezou a bailarse en honra a este santo alá polo 1666.
A Farsa de Carril arrinca, xunto coa procesión, da igrexa desta parroquia o día 25 de xullo pola tarde (a iso das sete) e está composta por máis de cincuenta bailadores, tradicionalmente todos homes, vestidos con pantalón e camisa brancas, esta última coa cruz vermella de Santiago, faixa de cor amarela e vermella e unha chapela na cabeza.
Unha vez a procesión sae da igrexa e escoitado o himno, os farsantes realizan unha xenuflexión diante do santo e arrinca así a farsa ao son dunha banda de música. Nela os danzantes realizan varias figuras, como o caracol ou a estrela, para rematar cun acto simbólico no que o párroco pasa por riba das espadas e logo por baixo do santo. Despois da danza, os farsantes acompañan ao santo e así toda a procesión percorre as principais rúas de Carril durante máis de dúas horas en compaña de tres xigantes.
Fotografía de Fernando García VotarEXIF
|