|
Description
PANPÓRNIGAS E MECO, A HERMIDA, QUIROGA
Na romaría de Os Remedios de A Hermida, no concello lugués de Quiroga, aparecen durante o entroido as pampórnigas e o meco. Estacelebración garda certa semellanza coas romarías celebradas noutras zonas xeográficas, como a festa de Os Remedios de Castro Caldelas e o irrio peliqueiro, outro enmascarado similar ao quirogués meco. Existe unha peculiaridade nesta festa: a procesión celébrase antes da misa e non despois.
A tradición impón que o diabólico meco, enmascarado, vestido de vermello e armado cunha vasoira de punzantes toxos acompañe ao mediodía á procesión polas rúas de A Hermida, abrindo paso coa súa vasoira de toxos para que a procesión poda pasar. Na procesión tamén participan as pampórnigas, dous xigantes de rechamantes vestiduras.
Ao fin do percorrido da procesión, chegando a igrexa da aldea, as pampórnigas descansan e o meco inicia unha loita cos asistentes para impedirlles a entrada na misa. Os veciños, agrupados derredor del formando un grande corro, botan moedas ao meco quen ao anicarse para recollelas, recibe golpes dos veciños no pescozo, que leva protexido cunha grosa almofadiña, contraatacando entón coa súa espiñosa vasoira.
O Meco da Hermida parece ser unha personaxe lendaria, que podería representar la permanencia a través dos séculos de algunha reminiscencia dun culto pagán sincretizado polo cristianismo. Sobre o Meco de Quiroga comenta Antonio Fraguas[1]:
"En Queiroga (Lugo) se aplica el término MECO a una máscara que lleva una escoba en la mano, "a basoira [sic] do toxo", que pasa por la espalda o las piernas de las mujeres con el fin de expulsarles las brujas del cuerpo"
Fotografía de Fernando García VoteEXIF
|