Rancho de Reis de Riofrio

 
<< Start < Prev 1 2 3 Next > End >>

Descrición

 

Rancho de Reis, Riofrío, Mondariz, Pontevedra
Ás 12 do medio día en Riofrío (Mondariz, Pontevedra), despois da misa, o Rancho de Reis de Riofrío baila as danzas de Reis.
No sur de Galicia consérvanse tres danzas de Reis asociadas ós denominados Ranchos de Reis. Estes Ranchos de Reis interpretan catro danzas diferentes:
Danza de castañolas e danza de palitroques: ambos acompáñanse de pezas de madera de buxo (castañolas ou paus) que os danzantes fan soar mentres executan a danza.
Danza de fitas: os bailadores danzan xirando arredor dun pau mentres suxeitan unha fita amarrada á punta dun poste, estas fitas van sendo trenzadas sobre o poste mentres os bailadores desenvolven a danza.
Danza de arquiños: os danzantes bailan xunguidos ás súas parellas por un pao en forma de arco decorado con fitas de cores debuxando figuras e entrelazando os arquiños de diferentes xeitos.
Ademais destas catro danzas, os bailadores adoitaban a pechar a representación bailando a xota, o valse, a muiñeira e a ribeirana.
Os ranchos de reis bailan no Nadal, Aninovo, o día de Reis e o día de San Xulián (7 de xaneiro).