O Corpus. As Penlas

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 Next > End >>

Descripción

Coincidindo coa celebración do día do Corpus, 15 de xuño, Redondela celebra unhas festas populares de grande tradición. Conta a lenda que todos os anos un dragón (a "Coca") chegaba a Redondela para capturar virxes que logo devoraba. Os xoves mariñeiros de Redondela xunguiron as súas forzas para loitar coas súas espadas contra a Coca, á que finalmente derrotaron. Rememorando esta lenda, todos os anos, polo día do Corpus, sácase no desfile a figura da "Coca" e realízase a "Danza das Espadas" que non é senón a celebración do triunfo dos xoves redondelanos sobre o dragón. As primeiras novas desta danza proveñen do século XVI, cando o concello ordenou ós gremios que asistisen á procesión do Corpus coa súa danza. Xunto coa danza de espadas aparece en Redondela outra orixinal e única manifestación coreográfica, “O Baile das Penlas” na que nenas vestidas de anxos bailan sobre as costas de mulleres tamén vestidas desa cor quizais en alegoría ás virxes que eran devoradas pola Coca. A Danza das Penlas representa a alegría das mulleres, que bailan cos seus nenos sobre os ombros.

 

 

Texto: Pablo Carpintero
Fotografía: Fernando García