|
Descrición
A Virxe de Guadalupe. Rianxo
Dende hai máis de 150 anos a festa máis importante de Rianxo é a Festa de Guadalupe, celebrada entre os días 8 e 15 de setembro en honra a unha das poucas virxes negras Galegas: Nosa Señora de Guadalupe. O primeiro domingo despois do día 8, os veciños sacan a Virxe nunha impresionante procesión marítima de centros de barcos de pesca, cargados de músicos e público e engalanados para a ocasión. É tradición rianxeira que á media noite dese día todas as luces do pobo sexan apagadas e todos os rianxeiros e rianxeiras entoen ao unísono “A Rianxeira”, un tema moi popular en Galicia dedicado á Virxe de Guadalupe.
Esta sonadísima cantiga cumpriu 50 anos en 2001. Foi escrita polo músico rianxeiro Angel Romero Lojo cando se atopaba emigrado en Bos Aires e dirixía a “Rondalla Castelao”. Polo visto Angel Romero inspirouse na impresionante procesión mariñeira para compoñer esta cantiga. A letra orixinal era:
Moito me gustas rianxeira
que estás eiquí na Arxentina verche cantar e beilar-e coma alá na terra miña (bis) RETROUSO: Ondiñas veñen ondiñas veñen e van non te vaias rianxeira que te vas a marear (bis) Que guapa estabas rapaza cando che vin na ribeira, tiñal-a cara morena coma a virxe rianxeira (bis) RETROUSO A virxe de Guadalupe
vái no yate de Baltar, lévana os rianxeiros a remolque polo mar (bis) Sen embargo a máis coñecida por todos os galegos é a seguinte:
A virxe de Guadalupe
cando vai pola riveira, descalciña pola area parece unha rianxeira (bis) RETROUSO A virxe de Guadalupe
cando veu para Rianxo, a barquiña que atrouxo era de pau de laranxo (bis) RETROUSO A virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña, foi un raiño de sol que entrou pola ventaniña (bis) Fotografía de Fernando García
VotarEXIF
|