Danza de Cobas

 
<< Start < Prev Next > End >>

Descrición

DANZA DE COBAS, A LANZADA, PONTEVEDRA.

            Cada martes de Pascua celébrase na parroquia de Santa Cristina de Cobas, no concello de Meaño, unha danza de arcos en homenaxe á súa patroa, avogada dos males de ollo e protectora contra as dores de cabeza, peito, verrugas e vultos. Os seis danzantes, tradicionalmente homes, bailan unha danza de arcos e unha de castañolas ao son da gaita e o tambor. Diante do santo desenvolven diferentes figuras coreográficas e debuxos cos seus arcos baixo as indicacións dun guía que porta unha especie de bastón de mando. Van vestidos con camisa e pantalón brancos, faixa vermella e o peito atravesado por un mantón de cachemira. Todos portan un chapeo, pendurado do colo, do que colgan longas fitas de cores que chegan practicamente ao chan.
 
Fotografía de Fernando García