|
Descripción
OS OLEIROS TRADICIONAIS
Actualmente persiste esta artesanía tradicional nos centros alfareiros de Buño na costa Coruñesa, de Bonxe e Gundivós na provincia de Lugo, e de Niñodaguia da provincia de Ourense. En todos eles elabóranse algunhas pezas tradicionais que seguen tendo un valor utilitario, pero sobre todo outras variadas formas que se mercan polo seu valor decorativo. Inda que estos centros corren o risco de desaparecer se non se buscan novas fórmulas de protección deste importante sector do noso patrimonio artesá, nembargantes algúns obradoiros ubicados nestes centros gozan hoxe dunha renovada e florecinte actividade. As formas que se estan a producir na actualidade poden atoparse en diferentes tendas urbáns de cerámica e decoración, ademáis de poder mercarse nos propios obradoiros artesáns
Nos tempos recuados estes artesáns tradicionais sacaban de barreiras comunais o barro que empregan no oficio, extraéndoo do interior de minas e pozos que eles mesmos facían. Despois carrexábano, deixándoo secar á intemperie e logo mallábano dentro dunha pía (caixón de madeira) con mazos de madeira. A continuación, debían cribalo para eliminar as impurezas, e despois humedecíano e amasábano ata convertelo en pasta coa que se facían pequenos bolos para traballar no torno, que podía ser "torno baixo" ou “tomo alto", segundo o centro oleiro que se trate.
Tradicionalmente, estes artesáns acostumaban a traballar nas cociñas das casas e as pezas que construían quedaban a secar nelas, sobre unha táboa. Unha vez enxoitas, púñanas a cocer no fomo, e cando non o tiñan cocíanas ao ar libre non lume que facía non lugar despexado preto do fogar. As formas de olería tradicional tamén eran diferentes segundo as zonas, sendo as olas, cántaros e cacharros a produción fundamental que ía orientada, sobre todo, á poboación ampesiña. Aínda hoxe, no centro oleiro de Niñodaguia (Ourense) seguen fancéndose potas, tarteiras, asadeiras, chocala- ~iras, porróns, xerras, queimador dos pés, queimada para auardente e queimada para os chourizos, cántaros, 'olas, azolas, barreños, fontes, pratos, cuncas, ouriñais, petos, floreiros e outras formas varias, e algo semellante fan os oleiros de Gundivós, no concello lucense de Sober.
Os propios oleiros ou os seus familiares vendían polos lugares da zona as formas que elaboraban, ou ben as trocaban lor millo en gran sobre a base de "dous por un cheo", seguno a circunstancia.
Texto de X. A. Fidalgo Santamariña VotaciónEXIF
|