|
DescripciónOS SELLEIROS Trátase do cubeiro especializado na confección de sellas de madeira que empregábanse para transporta-la auga. Ademais de sellas con asas e aros de metal dourado ou branco, tamén confeccionaban macetas e caldeiros de madeira e toneis pequenos para o licor.
A madeira que empregaban é xeralmente de castaño, carballo, cerdeira e máis, ultimamente, piñeiro tea importada.
Por canto o obradoiro do selleiro é pequeno e nel hai as ferramentas básicas que emprega como cepillos, machada, martelo, serróns, un banco pequeno, cicel especial para aperta-los cinchos, brea e outras pezas.
O segredo do oficio do selleiro está, sobre todo, en face-lo fondo da sella e axusta-lo hermeticamente ás doelas de madeira para que non vertan a auga depositada na sella.
Hoxe xa quedan poucos selleiros artesáns que facían as sellas e caldeiros de madeira con aros de metal nos que puñan as letras iniciais do nome e apelidos dos propietarios que llo solicitaban. As sellas tiveron gran importancia nas cidades, vilas e aldeas, para leva-la auga para as casas.
O oficio de selleiro foi un oficio moi clásico en varias zonas de Galicia como Santiago, Betanzos e outros. Pero desde fai unhas décadas a traída (condución de auga) que achegou a auga á porta das casas sen necesidade de ir por ela ás fontes, acabou coas sellas e os cántaros empregados neste labor.
Actualmente, as sellas empréganse para decoración. A auga deixou de repousar sobre a nobre madeira dos nosos castaños e carballos ancestrais, e tamén enmudeceron os parrafeos das mulleres arredor dos chorros cantareiros de augas cristalinas das nosas fontes populares. Nunca máis o mozo namorado puido visita-la amada na fonte do pobo e axudarlle a levanta-la sella de auga ata a molida de trenzas que lle amortecía o roce na cabeza.
Texto de Xosé Antón Fidalgo Santamariña.
Fotografías realizada por Pablo Carpintero e Gustavo Couto, no Museo Liste de Oseira: http://www.museoliste.org/
VotaciónEXIF
|