Antroido Ribeirao do Concello de Chantada
Monday, 03 de November de 2008
 
 

 

O Antroido Ribeirao do Concello de Chantada tense celebrado nas parroquias de Santiago de Arriba, Nogueira, Vilaúxe e Camporramiro, malia que, segundo os portadores de Santiago de Arriba consultados en febreiro de 2008, orixinouse ou pertence propiamente á parroquia de Santiago de Arriba, sita na mesma Ribeira Sacra, a uns oito quilómetros da capital do concello, Chantada. Nesa aldea grabamos a celebración do antroido, e aquí a deixamos, para que a poidades desfrutar todas as veces que queirades. Video do Antroido.