Inicio arrow Novas sobre o PCI arrow Instrumentos Tradicionais Galegos. Unha selección natural
Instrumentos Tradicionais Galegos. Unha selección natural Print E-mail
Thursday, 17 September 2009
There are no translations available

Neste terceiro ano de vixencia do proxecto Ronsel presentamos un novo libro en formato tetralingüe que escolma unha das partes máis recoñecibles do patrimonio cultural inmaterial de Galicia: os instrumentos musicais. Este libro, orientado a públicos de calquera idade ou nacionalidade, só representa unha pequena selección dentro do inxente número de instrumentos musicais galegos, unha selección feita coa intención de recoller distintas categorías desde o punto de vista científico e, por suposto, tendo en conta tamén a variable da distribución dentro do noso país. Como coas anteriores publicacións do Proxecto Ronsel, podedes visualizar o libro en formato PDF premento a continuación: Intrumentos Tradicionais Galegos. 
 
< Prev   Next >
 

RSS externos