|
DescriciónMaterial: Un pau de madeira curvado nun estremo. Unha bola de madeira. Descripción: Trátase dun xogo moi extendido, con elementos semellantes ao hockei ou ao golf, deportes popularizados moito despois da existencia da Porca (tamén chamada Pino ou Cachona nalgunhas zonas).
Foi un xogo de nenos, fundamentalmente xogado no inverno nun espazo aberto e amplo, normalmente mentres se coidaba do gando. O pao, chamado cacheira, adoitaba facerse de codeso e precisaba un mazarico nun dos extremos. A bóla, chamada tradicionalmente porca, elaborábase labrando cunha navalla un anaco de madeira dura, que evitase que rachase con facilidade. Cada xogador/a escavaba un buratiño no chan (nicho) dispoñendo un conxunto deles arredor dun burato moito máis grande e que debía ser defendido polo porqueiro. Este xogador lanzaba a porca ao aire e miraba se caía no burato por el defendido; e se así acontecía berraba: "Hai trocos!". Os demais xogadores debían intercambiar entón os seus nichos. Sen embargo, se o porqueiro consegue neste momento de intercambio de postos introducir a súa mazaroca nun dos nichos dos seus contrincantes, pasa a ocupar este posto e quen quedou sen burato pasa a ser o porqueiro. Cadaquén defende o seu nicho coa súa cacheira.
VotarEXIF
|