|
DescriciónMaterial: O pau máis grande adoita ser duns 50 centímetros de longo e duns 3 de ancho aproximadamente, dunha madeira boa e resistente no que se precisa dun dos extremos afiado (na imaxe, en cor laranxa). De seguido, agúzanselle os dous extremos a outro pao duns 15 ou 20 centímetros de longo (na imaxe, en cor marrón), que se chama billarda ou estornela', que dá o nome ó xogo. Descripción: A billarda ou estornela (tamén chamado tala ou toña; lipilape en Marín) son as denominacións dun dos xogos máis coñecidos e populares dos que se facían (e ainda se fan) para xogar en toda Galicia. As regras deste xogo son zonais, polo que é dificil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán, a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posibel.
Poden xogar dous ou máis xogadores que se reparten en equipos. Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores ou equipos sae primeiro. Dende unha circunferencia feita no chan (reinado ou meta; ou cadrado na Limia), deben golpear a billarda co palán nunha das puntas para levantala e, cando estea no aire, darlle outro golpe para lanzala o máis lonxe posíbel do lugar en que se atopen. O que fique coa billarda máis lonxe comezará o xogo do mesmo xeito. Isto repetirase tres veces, dependendo se se xoga a un intento ou a tres, e ó remate das tiradas terá que calcular a distancia, en paláns ou paus, que hai dende o punto de inicio ata onde está a billarda caída. Se acerta nas medidas (nalgunhas versións, sen exceder) segue xogando e, se non, eses puntos pasarán ó outro equipo, quen comezará unha nova tirada. Ó final gaña o equipo que máis paláns, paus ou puntos teña.
|