Danza do Cristal

 
<< Start < Prev 1 2 Next > End >>

Descrición

 

DANZA DO CRISTAL, CELANOVA, OURENSE
 
            Celébrase o 15 de setembro na parroquia de Vilanova dos Infantes, en Celanova, sendo o sábado o día grande destas festas en honra á "Virxe do Cristal". A diminuta imaxe da santa, metida nun bloque de cristal, é a protagonista da "Procesión do Encontro", unha celebración onde o relixioso se mestura co pagán, seguida por devotos e público chegado desde toda Galicia.
Neste marco interprétase a Danza coa presenza dos tradicionais danzantes e unha banda de música, normalmente a de Vilanova dos Infantes. Celébranse misas desde as oito da mañá e ás once e media comeza a
"Procesión do Encontro", onde a virxe percorre, acompañada dos seus fieis, a distancia que a separa de Vilanova dos Infantes, para reunirse con San Roque e San Sebastián, sendo nese momento cando se interpreta a “Danza do Trenzado". Consiste no trenzado dunhas fitas de cores que os danzantes portan nas súas mans e que, suxeitas ao alto dun poste, os danzantes van trenzando sobre el ao tempo que executan os pasos da danza, para despois volver a desfacer o trenzado executando exactamente os mesmos pasos pero no sentido contrario.

Fotografía de Fernando García