Instrumentos Tradicionais Galegos. Unha selección natural |
Thursday, 17 de September de 2009 |
Neste terceiro ano de vixencia do proxecto Ronsel presentamos un novo libro en formato tetralingüe que escolma unha das partes máis recoñecibles do patrimonio cultural inmaterial de Galicia: os instrumentos musicais. Este libro, orientado a públicos de calquera idade ou nacionalidade, só representa unha pequena selección dentro do inxente número de instrumentos musicais galegos, unha selección feita coa intención de recoller distintas categorías desde o punto de vista científico e, por suposto, tendo en conta tamén a variable da distribución dentro do noso país. Como coas anteriores publicacións do Proxecto Ronsel, podedes visualizar o libro en formato PDF premento a continuación: Intrumentos Tradicionais Galegos.
|