Reque-reque |
Monday, 01 de March de 2010 | |
O reque-reque é un idiófono de rañar que consiste nunha
peza de madeira alongadae dentada na que se raña cun pauciño producindo un son característico. Para ver o video sobre a fabricación do reque-reque, preme a continuación: Reque-reque Os instrumentos musicais clasifícanse segundo o sistema que produce o son. Nos idiófonos é o corpo do propio instrumento o que emite o son ao seren axitado, batido, rañado etc; nos membranófonos é unha membrana tensa a que soa ao seren golpeada ou refregada, nos cordófonos é unha corda tensa a que emite o son cando é pulsada ou refregada e nos aerófonos e o aire contido nun tubo o que é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador. O reque-reque é un idiófono de rañar que consiste nunha peza de madeira alongada e dentada na que se raña cun pauciño producindo un son característico.
Material: un tubo de cana longo, duns 30 cm, un pauciño de madeira, unha navalla ou unha escufina e papel de lixa.
Tempo de fabricación: 10 minutos.
Para fabricar un reque-reque seguiremos estes pasos:
Este tipo de instrumentos musicais son comúns a moitas das culturas do planeta e teñen unha moi notable antigüidade xa que aparecen con bastante frecuencia nas escavacións arqueolóxicas do paleolítico superior, hai uns 35.000, fabricados en ósos de diferentes animais.
|